Version 1activeOct 18, 2026, 8:46 PM
Distrosub
“Camiñando entre serpes” novo disco grabado no estudio Escola da rúa de Carballo, décimo en total, con co-producción de Javier Abreu e con M. Dourado de axudante. colaboraron: Vituco Neira voz, Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo, todos eles de Ruxe Ruxe, e tamén Xosé M. Ares á gaita, Gende Beat á voz e beat box. Once temas, potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo.